Haberá máis actuacións se hai recadación veciñal

284
Haberá máis actuacións se hai recadación veciñal

A nova comisión de festas comezará o mércores a pedir a colaboración dos veciños.

Poucas son as variantes na nova comisión das festas de Xinzo de Limia que se conformou este luns pola mañá no concello, con respecto á de hai un ano. Luis M. Gil, responsable da Concellería de Festexos convocara a toda a veciñanza para sumarse a comisión organizadora das festas na honra de Santa Mariña de Xinzo, sendo estas persoas as que finalmente quixeron formar parte da mesma.

DÍAS 15, 16, 17 E 18 DE XULLO

285

Estes son os días escollidos para a celebración das festas patronais deste ano 2017. O cartel de actuacións musicais xa está pechado dende hai máis de dous meses, pero este pode variar para aumentalas dependendo da "xenerosidade" da hostalaría, comercio e veciños de cara a aumentar as atraccións musicais.

A partir de mañá, mércores, os novos membros da comisión percorreran a vila para solicitar a colaboración desinteresada dos veciños e así poder traer a Xinzo o sábado e o domingo algunha atracción máis ás festas e completar con outro tipo de espectáculos a programación musical.

Tamén no mesmo acto se presentou o cartel da Santa Mariña 2017.