Un home armado cunha pistola ameaza ó persoal e causa destrozos nun bar de Xinzo

bar 1
Un home armado cunha pistola ameaza ó persoal e causa destrozos nun bar de Xinzo

Un veciño de Xinzo causou o pánico nun bar situado na estación de autobuses. Pasaban as 22h da noite cando entrou no bar fumano e esixindo que lle serviran unha consumición. Nese momento o camareiro procedeu a chamarlle a atención pedíndolle que apagara o cigarro pola normativa que impide fumar nos locais.

Tras tirar ó chan a cabicha procederon a servirlle a bebida. Saiu para fóra e regresou pouco tempo depois cun acompañante e portando nas súas mans dous bastóns un de madeira e un de ferro, segundo relatan as testemuñas. Acto seguido o home nunha actitude moi agresiva sacou unha pistola e ameazou de morte ó empregado do local e a un cliente. De seguido colleu o bastón de ferro e bateu con el na barra e no cristal do local causando danos importantes.

O autor dos feitos saiu para fóra e disparou coa arma ó letreiro do bar. Minutos depois apareceron os efectivos da Garda Civil e procederon a investigar o sucedido.

As testemuñas dos feitos sinalan que a actuación das forzas da orde non foi a máis axeitada. Manteñen que deixaron marchar ó home para a súa casa e sinalan que viron como os axentes se despediron del cun apretón de mans.

Esta mañá membros da brigada de científica trasladáronse ata o lugar dos feitos para continuar coa investigación do sucedido.