lunes 30/11/20

A hostalería manifestou a súa desesperación ao paso da volta ciclista

Lápidas, tumbas e globos de cor negra, metaforizando a morte do sector recibiron aos ciclistas.

PHOTO-2020-11-05-16-49-15
PHOTO-2020-11-05-16-49-15

Hoxe, día 5 de novembro ás 13:00 h., aproveitando o paso da volta ciclista de España polo vila de Xinzo de Limia, un grupo que case chegaba as 100 persoas, donos e traballadores de locais hostaleiros, e veciños que quixeron mostrar o seu apoio a este sector manifestáronse en contra das medidas tomadas pola Xunta de Galicia no tocante o sector hostaleiro.

Como símbolos para mostrar o sei descontento empregaron lapidas, tumbas e globos de cor negra, metaforizando a morte da hostalaría, de moitas familias que viven dela e do tecido económico da vila.

Videoframe_20201105_184021_com.huawei.himovie.overseas

En Xinzo de Limia este sector erguese como o máis numeroso da vila e motor de sustento da maioría da poboación, abranguendo a case un 40% da poboación, directa ou indirectamente.

A falta de axudas, tanto a nivel autonómico como municipal neste sector, prevé o peche de moitos establecementos ou a extrema carencia de economía que sufriran moitos dos establecementos, déixanolos a súa sorte nunha das épocas, xa de por si, máis duras do ano.

Por iso, dende o colectivo hostaleiro, con esta acción, pídeselle reflexionar e lexislar xustamente ás diferentes administracións, municipais, deputacionais, autonómicas ou nacionais, artellando aportacións e axudas para o sector, ideando medidas de restrición que non só afecten ao sector hostaleiro e, sobre todo, tendo “sentidiño” a hora de criminal izar e pechar o modo de vida de unha grande parte da poboación do concello de Xinzo.