lunes 09.12.2019
FEIRA DA PATACA E FEIRA DA MAQUINARIA

I Feira do Agro da Limia

Dende o 19 ao 24 de novembro en Xinzo
IMG_9260
IMG_9260

Durante cinco días terán lugar dúas feiras monográficas nunha aposta pola agricultura da comarca de Xinzo da Limia como piar económico fundamental e escaparate de cara a promocións exteriores.

Elvira Lama,que estaba nesta ocasión acompañada dos concelleiros de Medio Rural e Promoción Económica  comezou dicindo que once anos despois do último salón monográfico, retómase a intención de situar a Xinzo e á súa comarca no mapa de excelencia agrícola coa realización de dúas feiras: a Feira da Pataca (do 19 ao 22 de novembro) e a Feira da Maquinaria (do 21-24 de novembro), rematando a súa intervención  manifestando que , “tense a intención de que os anos vindeiros estas industrias de transformación e implementación non só industrial do que se produce na Limia, se transforme e poida ser distribuída no territorio nacional e incluso internacional”.

IMG-20191105-WA0001A Feira da Pataca, que se celebrará na Praza Carlos Casares, contará con degustacións durante todos os días do produto de Xinzo por excelencia: a pataca. Ademais, na Casa da Cultura realizaranse xornadas diarias matinais sobre as principais inquedanzas dos agricultores da comarca así como xornadas de marketing e promoción ou unha organizada pola Escola Rural de Saúde sobre as características alimentarias da propia pataca.

Como  concelleiro responsable da área de Medio Rural Amador Díaz comezou a súa intervención manifestando que para min hoxe é un día importante polo feito de que hoxe , por fin, na Limia se van a facer dous eventos moi importantes, tanto pola pataca, piar fundamental da comarca, como da maquinaria.
Este evento ten que ser un escaparate cara o exterior o cal ten un gran valor alí onde vai.
A Limia, continuou dicindo é a despensa de centos de fábricas de patacas fritas que se furten ata o mes de abril do produto estrela desta comarca.

Por outra banda, na Feira da Maquinaria, emprazada no Parque do Toural, farase un recoñecemento ao tractor como maquinaria destacada. A maiores, dende o 18 ao 24 de novembro, os bares e restaurantes sinalados do lugar contarán con tapas que se poderán consumir a un prezo moi alcanzable, con premios para as de maior calidade.

Manuel Pérez concelleiro de Promoción económica anunciou que durante a semana de  celebración da feira, os bares e restaurantes sinalados do lugar contarán con tapas que se poderán consumir a un prezo moi asequible , con premios para as de maior calidade.