O IES Cidade de Antioquía consegue traballo case á metade dos titulados en formación profesional

O IES Cidade de Antioquía consegue traballo case á metade dos titulados en formación profesional

Isto é posible grazas á Bolsa de Emprego que se puxo en marcha o pasado curso

A través da Bolsa de Emprego, o IES Cidade de Antioquía actúa como ponte entre os empresarios e as persoas tittuladas en algún dos ciclos de Formación Profesional que se imparten no centro. Deste xeito aquelas empresas ou entidades que precisen xente para traballar poden acceder á base de datos que o instituto confecciona cos titulados en FP. Así mesmo, as empresas ou entidades que queiran participar na bolsa deberán cubrir un formulario ó que poden acceder a través do enderezo www.edu.xunta.es/centros/iescidadedeantioquia.

Neste primeiro ano de vida, a bolsa de emprego logrou que o 33% dos titulados en 2015 no ciclo superior de Administración e Finanzas, teñan a día de hoxe un posto de traballo. Na rama Agraria e Forestal, chegaron a demandarse por parte das empresas máis de 10 traballadores. Outros tantos deles accederon a traballos temporais ocupando postos nas brigadas do servizo de lumes das distintas administracións.

A intención é axudar ó alumnado a acceder ó mercado laboral unha vez que reciben o título.

Os ciclos que se imparten no IES Cidade de Antioquía son o de Técnico Superior de Administración e Finanzas, Técnico Auxiliar Administrativo, Técnico Superior en Xestión Forestal do Medio Natural e Técnico Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.