miércoles 30/9/20
Así o anunciaba hoxe o Instituto de Educación Secundaria e Formación Profesional Cidade de Antioquía

O IES de Xinzo plántase ante a Consellería e non comenzará as clases se non hai máis mestres

Ante a case nula comunicación que mantén a Consellería de Educación con este centro, despois de remitirlle instancias, manifestan as dificultades para comezar o próximo curso escolar seguindo o protocolo acordado.  

IES Cidade de Antioquía, en Xinzo de Limia (Ourense). | FOTO: Noelia Caseiro.
IES Cidade de Antioquía, en Xinzo de Limia (Ourense). | FOTO: Noelia Caseiro.

O Centro de Educación Secundaria e Formación Profesional de Xinzo de Limia, o IES Cidade de Antioquía, anunciou hoxe, venres 11 de setembro, a imposibilidade de iniciar o curso 2020/2021 mentres non se modifique a súa actual situación.

Despois de varias instancias remitidas á pertinente Consellería -a última o 3 de setembro- e a ausencia de contestación pola súa parte, vense na obriga de presionar incluso coa dimisión do equipo directivo.

IES Cidade de Antioquía, en Xinzo de Limia (Ourense). | FOTO: Noelia Caseiro.O IES Cidade de Antioquía é o único que conta coas modalidades de Formación Profesional no municipio de Xinzo de Limia (Ourense). | FOTO: Noelia Caseiro.

Un dos inconvintes máis sobresaíntes é a falta do corpo docente necesario para a organización e a atención dos estudantes. Reclaman, neste sentido, tres incorporacións para realizar un reparto equitativo de labores coma as gardas nos recreos, a reestructuración do centro ou aspectos tan básicos coma a asignación de aulas.

A pesar de contar co apoio da inspección nun inicio, foi remitida a negativa de proporcionar medios e recursos reais e efectivos para levar a cabo unha entrada de curso segura, tanto para o corpo docente como, por suposto, para o alumnado do centro.

IES Cidade de Antioquía, en Xinzo de Limia (Ourense). | FOTO: Noelia Caseiro.O IES Cidade de Antioquía négase a retomar as clases ata que non lle sexan proporcionados medios e recursos reais e efectivos para levar a cabo unha volta ó curso segura. | FOTO: Noelia Caseiro.

A presencia deste novo protocolo sanitario no campo educativo e a ausencia de medios suficientes para levalo a cabo, fai inviable que o IES Cidade de Antioquía poida dar pistoletazo de saída (nos prazos establecidos) da volta ás aulas nun dos setembros máis atípicos da historia educativa.

Comentarios