Incéndiase unha cociña na rúa Río Arnoia de Xinzo, sen danos persoais

16
Incéndiase unha cociña na rúa Río Arnoia de Xinzo, sen danos persoais

O suceso ocorreu ás 17:30

Ata esa vivenda do polígono de Xinzo desprazáronse os membros de Protección Civil de Xinzo, varias dotacións do parque de bombeiros, así como unha ambulancia do 061 e membros da Garda Civil.

15

O incendio que partiu da cociña chegou ata un sofá. Non houbo que lamentar ningún tipo de persoas afectadas, aínda que tivo que desaloxar aos veciños, por mor do fumo que se produciu. Os bombeiros procederon a apagar o lume e ventilar a vivenda.