O Inorde participa na Feira do Tellado

O Inorde participa na Feira do Tellado
Dáse a coñecer o traballo que se realiza no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, situado en Xinzo de Limia, de apoio ao sector agrícola da provincia.

O Inorde está a participar na Feira do Tellado que recuperou este ano o Concello de O Irixo, dando a coñecer o traballo que se realiza no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, situado en Xinzo de Limia, de apoio ao sector agrícola da provincia.

Tamén, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico está presente co seu programa de razas autóctonas cunha exhibición de gando de diferentes razas para achegar este traballo aos asistentes a esta feira.

"Dúas das liñas de traballo principais deste organismo provincial a prol do desenvolvemento sostible do sector primario que é clave na economía provincial”, dixo a xerente do Inorde, Emma González, quen asistiu hoxe a dita festividade, xunto a diferentes alcaldes, alcaldesas e representantes institucionais.

A xerente do Inorde felicitou ao alcalde de O Irixo, Manuel Cerdeira, “por recuperar unha celebración que exalta os recursos endóxenos e oficios asociados a un territorio que nos está a realizar propostas para redescubrir a nosa contorna natural de montaña con toda a beleza propia dun destino de interior que conserva a esencia dunha provincia xenuina como reza a marca turística".

O nome desta celebración débese a “O Tellado” un lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca do municipio, da que non se coñece a orixe exacta pero que hai data de que existía fai máis de 100 anos e que deixou de celebrarse fai uns 30 anos. Nela dábanse cita comerciantes principalmente de gando, de materias primas como aceite, telas, zocos, entre outros.