Outro dos lados da festa: Galicia112
Este programa da TVG acompañou á Policía Local de Xinzo nunha das noites dos días grandes do Entroido
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
Agora que lle dixemos adeus ao Entroido, seguimos descubrindo os seus lados máis descoñecidos. Desta volta da man do programa da Televisión de Galicia, Galicia 112. Este programa divulgativo que amosa nas súas emisións unha visión realista do traballo dos efectivos de urxencias, acompañou á Policía Local limiá na súa rolda nunha das noites dos días grandes.
Bromas pesadas, liortas, e case todo o peor da festa é o que lles toca vivir ás forzas de seguridade, tal e como nos mostraron os reporteiros de Galicia 112. Se queres comprobar como se vive o Entroido desde o outro lado non perdas este vídeo:
[video id="kIuT6R993v4" type="youtube"]