viernes 5/3/21

Largas colas no descanso da tarde

300 persoas máis foron citadas a partir das 15 horas

cats

Durante a sesión de tarde houbo que facer un descanso de media hora, para que os equipos do SERGAS puideran tomar un refrixerio, despois da longa sesión de mañá na que pasaron máis de 2.000 persoas, segundo os datos provisionais, e despois de que se citaran 300 máis a partir das tres da tarde.

Na sesión do serán correspondíalle facer as probas PCR aos máis novos, aos menores de 40 anos, aínda que polo que se puido ver as primeiras horas, non eran moitos os que acudiron a realización das probas.

VISITAS CONSTANTES DO ALCALDE EN FUNCIÓNS

Durante todo día estiveron pendentes do pavillón o responsábeis das instalacións Rafa Penabad, así como o alcalde en funcións Amador Díaz (recordar que a alcaldesa está en illamento preventivo).

amador2Tamén Amador estaba citado para a proba, momento que recollemos, pero antes quixo manter no descanso unha pequena charla co operativo de Protección Civil presente, fotografándose con eles, para testemuñar  o agradecemento de toda a cidadanía á labor desenvolvida durante todo o operativo, polos voluntarios, que se encargaron tanto da entrada ao recinto como no seu interior, deixando a Policía Local o control de toda a xente no exterior.