lunes 10/8/20

Limisi organiza unha nova edición do mercado solidario e buscan mercancía

    Chega unha nova cita co mercado solidario que organizan dende Limisi Diversidade Funcional. Para levalo a cabo buscan a colaboración da cidadanía que desexe aportar algunha mercancía que teñan pola casa. 

mercado

O fin é recaudar todo tipo de cousas que a xente xa non usa e tan só ocupan sitio, e así poder sacarlle un rendemento e colaborar con Limisi para que poidan seguir prestando os seus servizos. Isto é poder seguir mantendo as actividades tanto do centro ocupacional como o gabinete educativo rehabilitador que non dependen de ningún organismo público.

Recóllese material como libros, películas, bicletas, aparellos de música... unha variedade de produtos que logo se porán á venda no mercado a prezos económicos. Para colaborar hai que chamar ó 988688377 ou  ó 685868065.

Este ano vaise celebrar na Praza San Roque o día venres 26 de agosto en horario de 11h da mañá a 21.30h da tarde. 

Comentarios