Limisi recibirá mañá o cheque coa recadación das entradas ao Festival FAX

IMG_5715
Limisi recibirá mañá o cheque coa recadación das entradas ao Festival FAX

Será ás 12:00 no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia.

Mañá xoves, día 24 de agosto, Escena Sonora –como produtora do Festival FAX –que tivo lugar o pasado 5 de agosto en Xinzo– e o Concello de Xinzo de Limia en calidade de colaborador, farán entrega á asociación Limisi do cheque coa recadación en entradas ao evento.

Así mesmo, este acto xunto co peche final e contas do Festival FAX, terá lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia. No acto estarán presentes o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez; o concelleiro de Cultura, Festexos, Deporte e Xuventude, Luis Miguel Gil; o organizador do festival e director de Escena Sonora, José Manuel Freiría e diversos representantes de Limisi - Diversidade Funcional.