domingo 19/9/21

Limisi (xestionadora das piscinas municipais) recoñece que pechou a dos pequenos por un exceso de “celo”

Interpretando ben o BOE, solo teríamos que pechala unha soa vez
IMG_20210726_122143
Imaxes da piscina esta mañá

Cando vimos que se tivera que pechar, segundo as indicacións que se viñan facendo en tan pouco tempo, revisamos ben a normativa publicada no BOE e chamamos a Sanidade para confirmalo, e das 5 ocasións, solo habería que  ter pechado  unha soa vez. Estábase  aplicando a normativa no seu apartado de recomendacións e non de peche de vaso, posto que estábamos acolléndonos ao recomendable polas autoridades competentes e non polas condicións para o peche do vaso dos “pequenos”.

A representante de Limisi, asociación encargada xestión das piscinas por primeiro ano, manifestou a dendealimia, que pagaron a novatada.

Estábase aplicando a normativa nos seu apartado máis estrito, cando a mesma non o di. Unha mala interpretación, por exceso de celo, levounos a tomar a decisión do peche da piscina dos pequenos cando os parámetros de PH e cloro, estaban dentro dos marxes totalmente autorizados. A proba é que dende eses feitos, e unha vez postos en contacto con Sanidade, xa non fixo falla pechala, posto que, insistimos, estábamos a interpretar mal a normativa ao respecto.

Asumimos totalmente o erro, neste caso por unha mala interpretación do BOE.

Respecto aos demais desperfetos, é verdade que non se entende que de un sábado para un luns, sen usarse as instalacións as lousas que circundan o vaso, poidan estar levantadas. Pero iso xa non é cuestión nosa.