viernes 30/7/21

López Casas recibido en audiencia polo presidente Provincial

176

Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, recibiu no seu despacho en audiencia ao novo alcalde de Xinzo Manuel López Casas.

Tan solo tres días despois do seu nomeamento e toma de posesión  Casas, trasladoulle ao presidente provincial varias actuacións que requiren un empuxe no concello e que ata agora estaban un pouco atascadas, así como outros proxectos de interese para o noso Concello.

Segundo manifestacións do novo alcalde, aínda que vellos coñecidos, as sensacións foron moi boas , e os compromisos do presidente Baltar coas peticións de Casas, parece que pronto se poderán coñecer.