O Magosto do Concello ficou un pouco deslucido pola tarde desapacible

magosto municipal 2016
O Magosto do Concello ficou un pouco deslucido pola tarde desapacible

Tódolos asistentes á Praza de Oriente puideron degustar as viandas típicas do noso magosto –chourizo, castañas e viño– ata fartarse.

magosto municipal 2- 2016

A tixola xigante non deixou de preparar o suculento manxar ata que o último asistente non quixo máis. Tamén o forno traía pouco a pouco os chourizos, para que estiveran sempre a punto.

O fin de festa puxérono membros do grupo de gaitas da Escola Municipal.