O Magosto de Xinzo pasado por auga

IMG_9283
O Magosto de Xinzo pasado por auga

As malas condicións climatolóxicas fixeron que pouca xente acudise ata a praza de Oriente

A tarde presaxiaba que a noite podería continuar igual e o magosto sería unha gran festa, pero a chuvia das primeiras horas da noite desluciu todo o preparado para a degustación da costela do touciño entrefebrado das castañas e da bica.

Aínda así moitos foron os que se achegaron para participar no magosto no que as castañas estiveron sempre no medio da praza para degustar por todos os que decidiron acudir ata a praza, como fixeron tamén os representantes municipais pertencentes ao goberno e da oposición.

Mentres todo isto ocorría na praza nos locais do casco vello os grupos de gaiteiros amenizaban tamén a festa dos clientes, e porque non, tamén se animaban eles coa música e co licor café.

IMG_9292IMG_9288IMG_9286IMG_9282IMG_9281

IMG_9277IMG_9275IMG_9274