miércoles 23/6/21

Mañá xoves ás 11:00 Pleno ordinario de Abril

Un dos  temas máis importante a debater sería a aprobación definitiva do “estudo de detalle” que presentou “Mercadona” para a instalación do seu supermercado

casa concello noite
casa concello

Entre outros temas que irán á sesión ordinaria será a solicitude ao Ministerio de Facenda  para que autorice ao concello á reposición das dúas prazas  vacantes de Policia Local  existentes neste momento no noso municipio.

Tamén vai no ordende do  día do Pleno a autorización para destinar patrimonio municipal de solo  a reducir débeda  económica e financeira.

Así mesmo tamén se debaterán varias mocións dos distintos grupos políticos que conforman a Corporación Municipal

Comentarios