jueves 24/9/20

María do Ceo cantou para unha praza Carlos Casares repleta de xente

A agrupación musical da Limia e a Coral Sta. Mariña acompañaron a cantante en dúas interpretacións

María do Ceo cantou para unha praza Carlos Casares repleta  de xente

Á hora prevista , e xa co sol tapado polas nubes que presaxiaban  tormenta, que por fortuna non chegou, María do Ceo comezou o seu concerto con cancións do seu último traballo no que se incluía a de “Xinzo” que será de agora en adiante o himno do noso Concello.

Concerto Maria do Ceo 1

Cada unha das cancións era recompensada polos aplausos do moito público asistente, público que non quedou satisfeito co  final do mesmo e obrigou a cantante a repetir a canción “Xinzo”, para así rematar o concerto programado pola concellería de festexos, dentro do programa das festas de Sta. Mariña 2016.

Comentarios