Matizar é de sabios

dtor rosalia2
Matizar é de sabios
A iniciativa de retirar as follas do patio do Rosalía partiu dunha iniciativa do Consello Escolar cando no Concello lles...

A iniciativa de retirar as follas do patio do Rosalía partiu dunha iniciativa do Consello Escolar cando no Concello lles dixeron que terían que esperar

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

O director do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo, José Manuel García Lorenzo quixo facer unha matización acerca do publicado en Dende a Limia, concretamente en "Así varría, así, así" (preme aquí se queres consultalo). García Lorenzo ven de puntualizar que en ningún momento recibiron a negativa do Concello a recoller as follas que se ateigan no patio do centro que dirixe, "dixéronnos que si, pero que non sabían cando podería ser", explicounos. Ante esta resposta do órgano municipal, e nunha das reunións do Consello Escolar onde se tratou este problema, que é recurrente cada outono, despois de que algúns dos membros propuxese a tala dos exemplares, finalmente decidiuse implicar a toda a comunidade educativa no mantemento da zona de xogos.

Tal é como asegurou o responsable do centro, o Consello decidiu "darlle a volta á tortilla e converter a solución ao problema nunha actividade solidaria e formativa". Ca follaxe que se recolleu na xornada de limpeza organizada pola ANPA, na que participaron, pais, nais, docentes e como non os pequenos, elaborouse compost para a horta do colexio. Unha iniciativa que segundo García Lorenzo "hai que valorar", ademais de "felicitar a quen a propuxo".