miércoles 3/3/21

O Meco xa non preside o Entroido dende a praza Maior

Esta mañá de sábado sorprendeu a todos os que por alí pasaron

IMG-20210206-WA0002

Varias foron as especulacións ao respecto

Uns, que fora a alcaldesa, que na súa “loita” por manter o orde  este fin de semana e sobre todo os días do entroido da semana que ven, non quería ter nada que chame a celebración.

Outros que si, despois de todo o que alí leva ocorrido, tiveron que levalo a facer unha PCR, estamos en Entroido e o sentido do humor, aínda que macabro, non se perde.

Outros atrevéronse a prognosticar que o que había pasado era que a Policía Local, no seu extremo celo pola orde, o detivera por pasarse no horario do toque de queda.

meco2

O certo é que si tivo que intervir a Policía Local, posto que de noite, co vento, o Meco caeu e tivo que pasar a noite nos calabozos unha noite e esta mesma mañá foi devolto a praza a espera de que o luns a brigada local poida volvelo ao seu lugar.