jueves 15/4/21

Medidas de aplicación en Xinzo e en todos os concellos da Limia

Entrarán en vigos na media noite de hoxe 19.03.21 00:00h
Plaza Maior pechada
Plaza Maior

.-Mobilidade: Entre todos os concellos de Galicia salvo Maside, Paradela e Vilardevós.

.-Reunións: Limitadas a catro persoas en espazos pechados e a seis persoas en espazos abertos ao aire libre. En espazos de uso privado, quedan limitadas ás persoas conviventes.

.-Mobilidade nocturna: So entre as 22:00 e as 6:00 horas.

.-Lugares de culto: 50% da súa capacidade, garantindo a distancia de 1,5 metros.

.-Hostalería e restauración: Terrazas ao 75 % e interior ao 50%. Sen barra. Ocupación máxima de seis persoas non conviventes en terraza e catro no interior. Peche ás 21.00 horas. Recollida no local e consumo a domicilio ata as 21.30 horas. Servizo de entrega ata as 24.00 horas.

.-Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 no exterior. Comitivas máximo de 25 persoas.

.-Negocios: 50% de aforo e atención ao público ata as 21:30 horas.

.-Hoteis e aloxamentos turísticos: Servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados.

.-Actividade física e deportiva non federada. Ao aire libre: Poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. .-Máximo 6 persoas. En instalacións e centros deportivos pechados: Ata catro persoas, con máscara e ao 50% da capacidade máxima permitida.

.-Piscinas ao aire libre ou cubertas cun aforo máximo de 50%.

.-Bibliotecas, museos e salas de exposicións: 50% de aforo.