domingo 23.02.2020

O mercado solidario de Limisi abre as portas na praza de San Roque de Xinzo

O mercado solidario de Limisi abre as portas na praza de San Roque de Xinzo

    A praza de San Roque é o lugar no que se instalou o mercadillo solidario de Limisi que estará aberto durante o venres. 

Dando unha volta por el poderán atopar todo tipo de artigos e a prezos máis que económicos. Bolsos, bisutería, aparellos de electrónica, mobles, xoguetes ou libros e películas.

mercado 2

A lista é ampla e para descansar un pouco poden recuperar forzas no bar de Limisi. 

O mercado solidario estará aberto ata as 21.30h. Todo o recaudado ten como fin que Limisi poida seguir prestando os seus servizos. Isto é continuar coas actividades tanto do centro ocupacional como o gabinete educativo rehabilitador que non dependen de ningún organismo público.

Comentarios