sábado 22.02.2020

Minuto de silencio en Xinzo

En memoria de Manuela Iglesias Fernández, nova vítima da violencia de xénero en Galicia

Minuto de silenci 27.01.20
Minuto de silenci 27.01.20

Ás doce da mañá estaba convocada unha concentración as portas do Concello para facer visible con un minuto de silencio a repulsa da cidadanía de Xinzo ao asasinato de Manuela Iglesias Fernández a primeira vítima deste ano de violencia de xénero en Galicia.

Elvira Lama, a alcaldesa, tomou a palabra para dirixirse aos presentes, funcionarios, concelleiros e veciños para insistir en que esta é unha lacara que nos cae enriba de todas as mulleres deste pais independentemente da condición social , económica e incluso relixiosa.

Recordou que este noso concello acaba de incorporarse ao programa VIOGEN e tamén que segundo os datos aportados na Xunta de Seguridade da semana pasada, estamos nun dos concellos máis seguros de Galicia, esperando, continuou a alcaldesa desexando que siga sendo así e protexamos as nosas mulleres.

A continuación gardouse un minuto de silencio, roto ao fin do mesmo cos aplausos dos presentes.