lunes 06.07.2020

Minuto de silencio en Xinzo

Na honra das vítmas da Covid-19

Membros da corporación municipal e funcionarios do Concello de Xinzo, ao igual que fixeron en todas as institucións do pais, gardaron un minuto de silencio as 12:00  na honra dos case 30.000 falecidos pola covid-19.

IMG_20200527_120742

O acto estivo presidido pola alcaldesa Elvira Lama, quen se dirixiu aos presentes manifestando que temos que ser conscientes e responsables de que isto non rematou de que temos que respectar a distancia de seguridade e de que temos que cumprir coas normas sanitarias.

Fixo tamén referencia ás situacións polas que pasan os nosos sanitarios no centro de saúde, empezando polo compañeiro de corporación , no día a día no que estas persoas chegan co síntoma da enfermidade.

O que nos parecía fai tres meses, que pensábamos que non podía chegar a Xinzo, que non chegaría a Ourense e ao noso pais témolo as portas da nosa casa, polo tanto precaución e máxima responsabilidade e colaboración máxima é o que pedimos aos veciños e veciñas.

E en honor das vítimas, falecidos, e tamén as vítimas que están a padecer aínda hoxe as súas secuelas., gardamos este minuto de silencio.