viernes 5/3/21

Moito frío, moita orde e moitas ganas

Dende primeira hora os veciños da Limia acoden ao rastrexo no pavillón de Xinzo

IMG-20210116-WA0000

Parece que a situación que estamos a sufrir tanto en Xinzo como na comarca, así como os chamamentos continuos das autoridades sanitarias como as locais fixo que dende primeira hora, con un frío moi respectable, todos os citados estean a acudir ao pavillón de Xinzo para facer as probas PCR en busca de posibles contaxiados asintomáticos.

IMG-20210116-WA0011

Colas a primeira hora, a xente veu con moito tempo de anticipación a hora citada

TODO MOI ORDENADO

Dende o día de onte a Policía Local, Protección Civil e as brigadas prepararon todo para que segundo foxen chegando os veciños todo estivera preparado e tanto fora do recinto como dentro, os 8 equipos do SERGAS realicen o seu traballo o máis rápido e nas mellores condicións posibles.

Segundo nos comunica a Policía Local, algunhas persoas chegaron moito antes da súa hora, pero todo foi moi rápido e nestes momentos xa non hai colas.

cats