viernes 14/5/21

Mónica García e Guillermo Carbajo triunfaron en Xinzo

A obra CURRICUM VITAE fixo gozar ós moitos espectadores que acudiron a vela

curriculum vite2
Mónica García e Guillermo Carbajo

Aínda que os temas  moi de moda por desgraza, non son para tomalos  de risa, iso foi o que provocaron coas súas diferentes interpretacións  os vellos coñecidos de “Pratos combinados” .

O fío condutor da comedia foron 5 sketch eran entrevistas de traballo nas cales había momentos de humillación, enchufismo, ineptitude, abusos etc, etc. Todas e cada unha das entrevistas estaban cheas de unha realidade , que pola súa maneira de presentalas facían rir, aínda que mais fose para chorar.

Todo o público asistente, en  pasou 90 minutos moi divertidos , cunhos “vellos coñecidos”, que demostraron unas dotes de interpretación que ninguén  esperaba.

Para ser a primeira vez que se experimentaba traendo ó auditorio unha obra de teatro con custe de entrada a experiencia foi totalmente positiva, segundo indicaron  tanto os técnicos da  concellería de Cultura, como o propio concelleiro.

Comentarios