Mooxvice: "Queremos entrar no importante mercado agrícola da Limia"

Mooxvice
Mooxvice: "Queremos entrar no importante mercado agrícola da Limia"
Mooxvice trae a ALiMAGRO equipos de monitorización para a agricultura

Pablo, dende o stand de Mooxvice, comenta que traen a ALiMAGRO equipos de monitorización para a agricultura cos cales pódese medir por exemplo a temperatura e a humidade da túa finca, a salinidade do chan e a humidade das follas para detectar enfermidades.

Son dispositivos que se instalan en cada finca e mandan información a un servidor no que os clientes poden consultar todos os datos e recíbense avisos como: tes que regar, ou se hai risco de enfermidades.

Este o seu segundo ano na feira e o seu obxectivo principal é darse a coñecer. Explica Pablo que son novas tecnoloxías das que "a xente non remata de ver o retorno e os beneficios que lles pode xerar". Eses beneficios serían sobre todo aforro de auga e de produtos fitosanitarios. Queren "intentar entrar no importante mercado agrícola que é o da Limia".