As mulleres e a osteoporose no programa da Escola Rural de Saúde da Limia

taller osteoporose
As mulleres e a osteoporose no programa da Escola Rural de Saúde da Limia
Dentro do seu ciclo de doenzas femininas chega un novo obradoiro este sábado ás dez REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A osteoporose é o seguinte...

Dentro do seu ciclo de doenzas femininas chega un novo obradoiro este sábado ás dez

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A osteoporose é o seguinte chanzo na escaleira pola saúde das mulleres que a Escola de Saúde Rural da Limia leva construíndo nos últimos meses. Comezaban coa prevención da violencia de xénero, a saúde da muller e a matrona e o próximo sábado, ás dez da mañá tocaralle a osteoporose.

O obradoiro celebrarase na Casa da Cultura e será impartido pola fisioterapeuta Lorena Pérez Gómez, ademais incluirá unha proba de densidade ósea para a que é necesario pedir hora. O programa do taller centrará o concepto da propia enfermidade así coma o seu diagnóstico, tratamento, prevención e a importancia do exercicio para quen a padece. Esta actividade require inscrición previa, que poder formalizarse ben na aula 2 da primeira planta da Casa da Cultura ou cun correo electrónico ao enderezo escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es.