O Museo do Entroido, lugar escollido para presentar o programa de Entroidos 2019

Imaxe dunha das salas interiores do Museo Galego do Entroido
O Museo do Entroido, lugar escollido para presentar o programa de Entroidos 2019

Farao o Presidente da Deputación Manuel Baltar mañá martes as 11:00

O lugar escollido pola Deputación Provincial para facer a presentación este ano do Programa Provincial de Entroidos 2019, será o Museo Galego do Entroido de Galicia con sede en Xinzo.

Ata aquí se desprazará o seu Presidente Manuel Baltar. Recordar que a partir precisamente de mañá a xestión do Museo está cedida a Deputación Provincial.

ASINADO DE CONVENIOS

No marco deste acto de presentación o Presidente aproveitará para asinar os convenios de colaboración co alcalde de Xinzo Manuel Cabas e co representante da asociación A Pantalla, Carlos Valle.