martes 22/9/20

Música e bo tempo para festexar o San Roque no centro de Xinzo

Música e bo tempo para festexar o San Roque no centro de Xinzo

    A rúa de San Roque está de celebración durante a xornada do martes. O festexo deu comezo ás 12h da mañá cun pasarrúas a cargo dun grupo de gaiteiros. 

Pola tarde haberá actividades para os máis pequenos é as 19h dará comezo a actuación do grupo Imperio que fará un segundo pase a partir das 00h. 

O San Roque complétase coa misa e procesión na praza da céntrica rúa ás 21h.

Esta nova edición das festas da rúa de Xinzo ponse en marcha contado cola colaboración dos comerciantes da  San Roque e da Praza Maior. 

Comentarios