lunes 30.03.2020

Música e gastronomía no Parque do Toural de Xinzo

Música e gastronomía no Parque do Toural de Xinzo

    O Parque de Toural de Xinzo de Limia acolle esta fin de semana unhas xornadas gastronómicas baixo o nome de Agro Feirón Limia. Durante o sábado e o domingo os visitantes poderán gozar de diferentes alimentos así como cervexa artesá e licores dos variados postos que van ocupar a zona arbolada. A feira complétase cunha exposición de antigüidades, artesanía e mesmo cosmética natural. 

As xornadas estarán amenizadas por música e contarán con diferentes actividades deportivas e xogos para os máis pequenos. 

O sábado a partir das 22.30h dará comezo o Limia a Escena, un encontro musical no que actuarán Aida&Cris e Habitación Vudú. 

Comentarios