Música e poesía para conmemorar o Día do Libro en Xinzo

MM
Música e poesía para conmemorar o Día do Libro en Xinzo

O sábado día 23 festéxase o Día do Libro e con tal motivo Xinzo acolle multitude de actividades culturais para tódolos públicos. A programación dará comezo o sábado pola mañá na biblioteca municipal. A partir das 11h proxectarase un vídeo de Manuel María "A palabra estremecida e alertada". Ás 11.15h procederase á lectura libre de composicións do poeta coruñés da man do club de lectura de Xinzo e do resto de asistentes. A xornada matinal rematará coa audición de temas como "O aradiño de pau" de Fuxan os Ventos, "Canto de esperanza" de A Quenlla e "Galicia" de Suso Vaamonde, coas letras de Manuel María.

Pola tarde a Casa da Cultura acolle o concerto de primavera da man da Agrupación Musical da Limia a partir das 20.30h.

O domingo será o día dos máis cativos. Pablo Díaz presenta o seu traballo "Xente miúda moita fartura". O cantante e compositor trae á vila cancións relacionadas co mundo dos máis pequenos da casa. Un conxunto de letras que tratan de aportar recursos ás familias e educadores que precisan temas lúdicos para levar a cabo rutinas de base como recoller os xoguetes.

A cita musical será a partir das 12.30h no auditorio da Casa da Cultura de Xinzo.