O Nadal máis atípico da historia de Xinzo será tamén o que conte con máis iluminación e ambientación na rúa

O Nadal máis atípico da historia de Xinzo será tamén o que conte con máis iluminación e ambientación na rúa

O obxectivo do goberno municipal é mitigar o impacto económico que a crise está a ter na hostalería e o comercio, incentivando o consumo local

O Nadal será distinto este ano en Xinzo, pero non so pola pandemia e as limitacións ás que obriga, senón tamén pola ambientación e decoración das rúas e espazos públicos da vila, que lucirán como nunca, así como pola campaña para incentivar as compras locais.

O Concello de Xinzo afronta este próximo Nadal con dous obxectivos: por un lado, o principal, preservar a saúde todos os veciños e veciñas despois dunhas semanas difíciles de restricións máximas; por outro, mitigar o negativo impacto económico da crise sanitaria nos negocios do municipio.

Para elo deseñou unha serie de accións que foron presentadas hoxe pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e os concelleiros das diferentes áreas implicadas: Ramiro Rodríguez, Manuel Pérez, Rafa Penaba e Ramón Gómez. Á presentación tamén asistiron representantes de Prolimia, a asociación de comerciantes, e da recentemente creada asociación de hostaleiros, que amosaron así o seu apoio as iniciativas municipais.

                               Pola situación sanitaria, e sobre todo pola necesidade de preservar a saúde dos veciños e veciñas, o concello decidiu suspender todas as actividades habituais do Nadal en Xinzo, como a cabalgata ou os concertos, que serán substituídos, segundo explicou o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, por unha alternativa virtual.