De ningunha maneira se pode volver a situación anterior (Perez Campos)

Foto (arquivo)
De ningunha maneira se pode volver a situación anterior (Perez Campos)

Os postos da feira non volverán onde estaban

Así se manifesta Perez Campos a C.Andaluz nunha reportaxe de La Voz de Galicia, ante as reiteradas queixas dos feirantes, para volver aos lugares pre-pandemia.

Pérez Campos
Pérez Campos

Segundo indica na entrevista O Concello decidiu que a feira se manterá nos mesmos lugares que ocupa agora.

O concelleiro de Promoción Económica explicou que non se pode volver a situación anterior por motivos de seguridade.

INFORME DA POLICÍA LOCAL

Continúa manifestando Pérez Campos que anteriormente había moitos postos concentrados en anteriormente pouco espazo, o que provocaba aglomeracións grandes de persoas en pouco espazo, ademais de ser estes momentos propicios para os carteiristas.

A todo isto continua manifestando o concelleiro que a estes feitos había que engadir a cuestión do apiñamento dos postos supoñía un aliñamento incininte no caso de emerxencias para o paso de ambulancias.

Este é o resume do informe solicitado a policía Local de Xinzo, que fixo que se tomara a decisión polos membros do goberno municipal.

O TRASLADO, TODO UN ACERTO

Finaliza as súas declaracións o concelleiro recoñecendo que o traslado da feira ao lugar onde está actualmente, foi todo un acerto porque entre outras cousas, permite aos feirantes ter as súas furgonetas a carón do seu posto. Aínda con todo isto non descarta a instalación de algúns (non todos os que estaban) feirantes a rúa S. Roque.