domingo 7/3/21
Reuniuse a comisión COVID do concello

Nós o que facemos é ACONSELLAR (Amador Diaz)

A cidadanía cada vez está mais concienciada do que temos facer, que non é outra cousa,  ante a situación tanto do concello como da comarca é ALARMANTE.

IMG-20210118-WA0005
Reunión da comisión Covid

Esta tarde convocouse de urxencia, presidida polo tenente alcalde Amador Diaz, ante a ausencia da alcaldesa, a comisión Covid do Concello no que están representados os partidos políticos, Policía Local e Protección Civil ante a situación real e o alarmismo que provocou o Bando da alcaldía.

CONSENSO COA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES

IMG-20210118-WA0007Xa onte se puxeron en contacto coa asociación de comerciantes para platexarlle que aqueles comercios que estiveran de acordo en adiantar o peche ás 18:00.
Desta maneira entendemos que a xente estará nas súas casas moito mais tempo.
NOVA DESINFECCIÓN DE RÚAS
Tamén acordaron que en canto se poida pola climatoloxía, esta semana anuncian chuvia e non é posible, volveremos a fumigar con tractores as rúas de Xinzo e dos pobos.

Mañá xuntanza de portavoces

A alcaldía convocará para mañá unha xuntanza  de portavoces para convocar un pleno extraordinario, para solicitar medidas de outras administracións acordes cos outros lugares que se encontran nas mesmas cifras de contaxiados que nos tanto do concello como da comarca, para que se poida ir reducindo os casos, cuestión que xa non depende de nos.