martes 4/8/20

Novas Xeracións de Xinzo entrega a Cáritas preto de 2000 quilos de alimentos non perecedoiros

Os produtos recolléronse no torneo solidario celebrado esta fin de semana no pavillón de deportes

Novas Xeracións de Xinzo entrega a Cáritas preto de 2000 quilos de alimentos non perecedoiros

    A fin de semana tivo lugar un torneo de fútbol solidario. Os produtos e alimentos que se recadaron, un total de 1800 quilos, foron entregados no día de onte a Cáritas da parroquia de Xinzo. 

Así as cousas esta cantidade incrementouse ata acadar case os 2000 quilos. Isto foi posible polo aporte económico dos patrocinadores, con ese diñeiro pagáronse os árbitros e cos cartos que sobraron mercáronse máis produtos non perecedoiros. 

Así o decidiron dende as Novas Xeracións do PP de Xinzo quenes foros os encargados de facer a entrega. 

En total participaron 46 patrocinadores de toda a comarca da Limia para que o torneo solidario se poidera levar a cabo. 

Dende a organización sinalan que foi a edición na que máis alimentos e produtos conseguiron dende os 3 anos que levan pondo en marcha esta cita deportiva. 

Comentarios