lunes 23/11/20
O MUíñO DA LAMA PIDE PARA PARADA DE RIBEIRA UNHA MORATORIA DE CATRO ANOS PARA LICENCIAS DE ACTIVIDADES CLASIFICADAS

Novo xarro de auga fría sobre a planta de asfaltado en quente de Parada de Ribeira, e van dous

Con data de saída do día 11 de agosto, ante a solicitude da asoc. Muiño da Lama  de revogación da declaración positiva que fixera a Xefatura Territorial de Medio Ambente en Ourense, esta contesta(Ver documento adxunto orixinal) que no hai lugar a elo, posto que se realizou exposición pública segundo o disposto pola lei e ninguén durante ese prazo se opuxo. Di :· neste trámite non se recibiron informes negativos das Administracións  consultadas, nin denuncias ou reclamacións ambientais de particulares ou asociacións”

Tamén se di:  que a única administración competente para o seguimento correcto funcionamento da actividade é a Administración local, ou sexa o Concello de Xinzo.

Ante este informe haberá que ver o que di o Concello de Xinzo e os seus concelleiros, que todos en pleno e por unanimidade, decidiron ir en contra de esta actividade, recordándolle os lectores que o propio alcalde firmou un decreto de paralización das obras.

Quer isto dicir, que todo está nas mans do Concello?.

Novo xarro de auga fría sobre a planta de asfaltado en quente de Parada de Ribeira, e...