O número 2 da trama de narcos limiá tiña antecedentes en Galicia e Portugal

IMG_9049
O número 2 da trama de narcos limiá tiña antecedentes en Galicia e Portugal

A Garda Civil establece vínculos da trama con Colombia.

Na operación Gaijo practicáronse, por parte de Garda Civil, 7 rexistros en Vigo e 3 en Xinzo de Limia. Incautáronse 2.700 gramos de cocaína, 5.200 gramos de marihuana, 330 gtamos de hachís e 2.670 gramos de metamorfina. Tamén se incautaron 42.500 € en efectivo, 7 coches e varias básculas de precisión, pesaxe e manipulación de droga. A droga incautada estaba valorada en case un millón de euros.

IMG_9063

Entre estes últimos está M.A.P.M, de 37 anos, que xa ten antecedentes por tráfico de sustancias estupefacientes en Ourense e o país veciño. Este home, que anos atrás rexentou un club de alterne na localidade de Albarellos (Monterrei), está considerado polos investigadores como o segundo da trama e o responsable da organización na provincia.

Os narcotraficantes mantiñan vínculos con narcos colombianos, segundo o testimonio da Garda Civil.

IMG_9056