miércoles 23/6/21

Outra velada de música na Praza Maior

Houbo un bo ambiente onte durante o concerto de Miriam Salgado e a actuación foi estupenda

miriam salgado concerto (3)

Os preparativos comezaron á tarde, e ás 8:30 estaba todo listo para que Miriam Salgado actuase. Durante os preparativos e nas primeiras cancións do concerto estiveron presentes varias personalidades políticas do noso concello, entre elas o Alcalde Manuel Cabas, o Portavoz e Concelleiro Carlos Gómez e algún máis, como Manuel Pérez de Xinzo Adiante. 

O principal público foron os nenos e toda a xente que se atopaba alí tomando algo aproveitando o derradeiro día de agosto, que moita xente remata as vacacións e volta ó traballo. miriam salgado concerto (2)

Según se facía de noite, aparecía máis público adulto, que ían a comezar a festa tomando algo na Praza Maior aproveitando o comezo da fin de semana, e Miriam Salgado deleitounos a todos coa súa incríble voz. 

miriam salgado concerto (1)