miércoles 30/9/20
O populares súmanse ao equipo de Goberno no respaldo ás demandas da dirección do centro educativo

Apoio expreso das forzas políticas da Corporación á rebelión dos mestres do IES Cidade de Antioquía contra Educación

Ante a situación de deseperación pola incertidume do incio de curso, os principais partidos políticos de Xinzo de Limia unen forzas para defender o dereito a unha educación segura e de calidade no centro da vila.

IES Cidade de Antioquía, en Xinzo de Limia (Ourense). | FOTO: Noelia Caseiro.
IES Cidade de Antioquía, en Xinzo de Limia (Ourense). | FOTO: Noelia Caseiro.

O centro de Educación Secundaria e Formación Profesional da vila, IES Cidade de Antioquía, anunciou este venres 11 de setembro a imposibilidade de iniciar o curso 2020/2021 mentres non se modifique a súa actual situación.

Despois do episodio vivido no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, moi en relación coa “baixa” de persoal docente cando máis se precisa nos centros, a comunidade educativa está a vivir outra realidade semellante na mesma localización pendendo da mesma Consellería.  

Elvira Lama, alcaldesa da vila, mostrou o total apoio de cara esta loita social xa que, tal e como confirmou a Dende a Limia, "están a protexer non só aos nosos rapaces e rapazas, senón tamén ao conxunto das familias. Eles millor ca ninguén coñecen a realidade do centro e as súas condicións; se piden medidas e recursos, nos apoiaremos a súa decisión".

Quen vai a coñecer mellor que ninguén a realidade de centro e as súas condicións que os propios mestres?, pregúntase a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama

Unha vez máis, o voceiro do Partido Popular de Xinzo, Antonio Fernández Veiga, tamén deixou claro a este xornal que lle gustaría ser partícipe, en primeira persoa, de todas as demandas do equipo directo do centro: "Todos temos que remar na mesma dirección e no mesmo barco. O Partido Popular sempre vai a defender o dereito a unha educación de calidade, sexa quen sexa o representante da Xunta de Galicia", comunicou de xeito rotundo.

O PP de Xinzo sempre defenderá o dereito a unha eduación de calidade, sexa quen sexa o representante na Xunta (Antonio Fernández Veiga, "Toni", voceiro popular no Concello)

A pesar de contar co apoio da inspección nun inicio, ao centro IES Cidade de Antioquía foille remitida a negativa de proporcionar medios e recursos reais e efectivos para levar a cabo unha entrada de curso segura.

A propia alcaldesa quíxose pór en contacto coa Consellería de Educación da Xunta, a cal confesa que "chamei o luns e hoxe -por onte-, a venres, estou esperando que me devolvan a chamada".

Este luns, reunión das forzas políticas ca dirección do centro

Este mesmo luns, realizarase unha visita ao centro educativo na cal se proporá a presencia de todas as forzas políticas de Xinzo para apoiar, de xeito unánime, "os dereitos dos mozas e mozas da vila a unha educación segura, co distanciamento axeitado e os números de mestres precisos".

Na mesma liña, ambos representantes coinciden en que sería necesario voltar a convocar ó Comité da Comunidade Educativa Municipal de Xinzo de Limia, constituído no ano 2014 e no cal se deberían tratar, de xeito máis profundo, todas as cuestións relacionadas con este eido.

Comentarios