jueves 15/4/21

As obras da “Sitibal” voltarán o martes para rematarse antes que finalice o mes de abril

Así o comunica o concelleiro responsable, Ramón Gómez

IMG_20210330_111357
Pista Sitbal

A maquinaria que levaba a cabo as obras para rematar a pista Sitibal, levan máis dun mes paradas, cuestión que non entenden tanto os veciños, como os usuarios que ou ben teñen que transitar pola mesma, ou polas pistas adxacentes, as cales non están nas mellores condicións para o transito de coches e camións.

REUNIÓN COA EMPRESA

IMG_20210330_114325A semana que finaliza a alcaldesa Elvira Lama e  Moncho mantiveron unha reunión co responsable da empresa para saber cales van a ser as actuacións pendentes para rematar o proxecto, que tanto tempo se está esperando, dende que fora presentado pola Xunta xa vai para tres anos.
Segundo informan dende o concello o compromiso da empresa é voltar a traballar na mesma dende o próximo martes, comezando por unha adecuación das pistas que están despois da ponte de Lamas, para a continuación aglomerar tanto a Zepetal,  Sitibal e continuar ata entroncar coa rotonda do pavillón de deportes.

SEGUIMENTO DAS OBRAS POR PARTE DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA MOREIRA

O presidente da asociación de veciños da Moreira Julio Carrera (Manila) , constituída fai un ano, leva mantido varias reunións coa alcaldía e o concelleiro para seguir o proxecto e presentar algunhas melloras, que xa foron atendidas, pero non estando de acordo cos retrasos na execución.