sábado 8/8/20
Lotería

A ONCE deixa en Xinzo 300.000 € en man e 5.000 € ao mes durante 20 anos

O boleto foi vendido por Antonio Aguiar.

Antonio Aguiar | Foto: Antonio Cortés para La Voz de Galicia
Antonio Aguiar | Foto: Antonio Cortés para La Voz de Galicia

O cupón da ONCE deixou un «Sueldazo» de 300.000 € en man e 5.000 € ao mes durante 20 anos, en Xinzo de Limia, onde o axente vendedor da ONCE Antonio Aguiar Rúa vendeu un cupón agraciado e nove cupóns máis, premiados con 20.000 euros cada un, o que supón 180.000 € máis.

Antonio Aguiar levou a ilusión da ONCE a Xinzo de Limia, localidade na que comercializa os produtos de xogo da ONCE, e na que repartiu un total de 1.680.000 €, no sorteo do 6 de maio de 2017. 

Comentarios