sábado 8/8/20

O outono cálido e seco deixa o río Limia sen gota de auga ó seu paso por Xinzo

O outono cálido e seco deixa o río Limia sen gota de auga ó seu paso por Xinzo

    Un ano máis o outono chega con temperaturas máis propias do verán. A Axencia Estatal de Meteoroloxía estima que os tres próximos meses vanse caracterizar por temperaturas máis altas do normal. 

Ó longo desta semana a Limia rexistrou unha media de 22º graos e na fin de semana subirán os termómetros ata acadar os 23º e incluso 24º na xornada do domingo. 

Este tempo seco e de calor afecta ó caudal do Limia ó seu paso pola vila de Xinzo de Limia. 

rio 2

A auga non corre e semella máis ser un prado que un río.

rio 1

Son moitos os cidadáns que consideran que se podería aproveitar a falta de auga para levar a cabo tarefas de limpeza na zona. 

Este bo tempo pola contra é positivo para os agricultores da zona que están en plena recolleita da pataca. Así as cousas terán que apurar as tarefas pois segundo informa o portal meteorolóxico 4 Gotas, a chuvia chegará a semana que vén e quedará uns días. O xoves comezará a chover e manterase así polo menos unha semana. 

Serían as primeiras precipitacións destacadas da tempada. O pasado ano en outono choveu un 20% menos ca no periodo 1971-2000.

A estas alturas os encoros atópanse ó 69% da súa capacidade, o que supón once puntos menos en comparación co ano pasado por estas mesmas datas. 

 

Comentarios