martes 27/10/20

As Pantallas lucirán os seus traxes polas rúas de Bragança

A cita será na primeira semana de decembro

braga

    Os responsables do Museo da Máscara Ibérica de Bragança visitaron o Museo do Entroido de Xinzo de Limia. Estaban acompañados pola vicepresidenta da Cámara Municipal da cidade portuguesa, Cristina Figuereda e polo rexedor de Xinzo, Antonio Pérez xunto co concelleiro de tuismo e o presidente da Asociación da Pantalla.

O obxectivo do encontro foi establecer un protocolo de colaboración entre ámbolos dous museos que se materializa nunha asistencia dun grupo de Pantallas ás III Xornadas Antropolóxicas da Bienal do Entroido no norte de Portugal. A cita será os días 4,5 e 6 de decembro. 

A visita vaise consolidar cun intercambio de traxes, máscaras e publicacións para expoñer no museo de Xinzo de Limia e no museo de Bragança.

Comentarios