jueves 15/4/21

Parece que en Xinzo haberá que esperar ata o 2025 para ter internet de “verdade”

En moitos dos pobos do municipio xa teñen velocidade de ata 1000 mgps simétrica

161453375_1404486599886376_7987876661308264863_o
Videoconferencia coa responsable de telefónica

A alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Mobilidade, Ramón Gómez veñen de manter unha reunión telemática coa persoa responsable do despregue de fibra óptica en Galicia e Asturias, Patricia Rodiño Piñeiro.
O obxectivo: impulsar a instalación de fibra óptica, que xa chegou a 20 núcleos do municipio, está levándose a cabo en outros 5 e en dous máis comezará en breve.
En 2025, debe estar despregado en todo o municipio, ao igual que no resto de Galicia, segundo a previsión á que se comprometeu Telefónica.

NADA SE SABE DAS XESTIÓNS CON "R"

No último pleno aprobouse unha moción na que o concello se comprometía a contactar cos diferentes operadores que están ofrecendo internet en Xinzo, posto que unha das compañías R, leva moito tempo “timando” aos veciños, ofrecendo e cobrando unhas velocidades que ninguén recibe a partir das 18 horas.

R conta neste momento con máis do 60% dos clientes que usan internet, ben para traballar e nos seus momentos de ocio. É precisamente a partir das horas de ocio cando as velocidades non chegan a 5mgps que fan imposible, ata conectar coas plataformas de TV. Todo isto reiteradamente comunicado polos propios técnicos de R, que é debido a que o “nodo” de entrada a Xinzo está saturado ao 99% da súa capacidade. 

Unha protesta formal do propio concello faría, segundo os técnicos, que se cambiara a Fibra-cable e que todos poidan ter as velocidades que pagan.