jueves 5/8/21
Regadío

O Parlamento insta á Xunta a executar o plan de regadío da Limia

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a iniciativa de En Marea e BNG na que se insta á Xunta a executar antes de xuño do 2018 as obras do plan de regadío da comarca da Limia.

 

carlitos
O deputado limián, Carlos Gómez, falando en nome do grupo popular.

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a iniciativa do grupo parlamentario de En Marea e do BNG na que se insta á Xunta de Galicia a executar de forma inmediata, e como data límite en xuño do ano 2018, as obras do plan de regadío da comarca de A Limia. A deputada de En Marea, Paula Quinteiro, levou esta iniciativa ao pleno do Parlamento co obxectivo de poñer data concreta para o cumprimento das obras comprometidas pola Xunta de Galicia neste plan xa no ano 2012 e que cinco anos despois continúan á espera. 

Paula Quinteiro destacou a necesidade de apostar polo sector agrícola e gandeiro como piar fundamental na comarca da Limia tanto a nivel económico como social e cultural, o que fai indispensable a estruturación e modernización dos regadíos. mento.

O deputado popular Carlos Gómez Salgado –concelleiro popular en Xinzo de Limia– explicou que "a día de hoxe estanse tramitando as declaracións de impacto ambiental das comunidades do Corno do Monte, Alta Limia, Ganade-Lamas e Sabucedo, nos concellos de Xinzo, Porqueira e Trasmirás, así como a elaboración dun novo proxecto patrimonial adaptado á normativa vixente". Segundo afirma o Partido Popular, a Xunta ten consignado nos orzamentos para 2017 unha partida superior aos 1,5 millóns de euros para levar a cabo todas as actuacións técnicas previas para a axeitada execución destas estruturas de rega.

carlitos2

Carlos Gómez salientou que a Consellería do Medio Rural "non deixou de traballar para poñer en marcha o Plan de Regadío" e a modo de exemplo referiuse á creación en 2016 do Comité de Seguimento dos regadíos para controlar en primeira instancia as distintas actuacións a levar a cabo.

Comentarios