lunes 28/9/20

O parque do Toural de Xinzo segue sendo un perigo para o xogo dos cativos

Os usuarios quéixanse de que o Concello non repoña os danos da zona de xogo

    As instalacións do parque do Toural de Xinzo non se atopan en bo estado. Dando unha volta pola zona podemos ver os destrozos como o deste cabaliño de madeira roto e o conseguinte perigo que supón que un cativo se achegue para xogar con el. 

cabalo malo

O xogo de escalada ten as cordas soltas e si un neno ou nena se aventura a subir por el corre o risco de que se rompan e caer ó chan.

escalada

Por outra banda a maioría das randeeiras estan incompletas e a solución para as que romperon foi enroscalas no resto da estrutura.

columpios

Os usuarios e usuarias da zona están cansos de que o Concello non tome medidas e procedan a solucionar os desperfectos causados nas instalacións. Cando fai bo tempo é común que moitos cativos e cativas se acheguen ata o parque para xogar. Así as cousas a zona que debería ser un espazo para que gozaran os máis pequenos, convértese nunha zona perigosa para o xogo infantil.

Fai dous meses este xornal facíase eco das queixas dos veciños e veciñas que acoden con frecuencia a esta zona. De tódolos desperfectos que recolleron as nosas fotografías, tan só se procedeu a instalar unha táboa na estrutura metálica do que antes era un banco.

 bancos

O resto de danos segue vixente e nalgúns casos aínda se acentuaron máis. 

Comentarios