miércoles 2/12/20

Por que a alta incidencia da Covid en Xinzo?

Esa será a resposta que quere atopar  o SERGAS despois das 1.000 probas PCR que fará o domingo a veciños do concello

Foto cedida
Foto cedida

O pavillón de deportes de Xinzo é  o lugar escollido polas autoridades sanitarias para a  realización dun cribado masivo, que esperan que sexa de 1000 persoas.

ENTRE 25 E 55 ANOS

O SERGAS estivo citando por SMS durante o día de hoxe, a veciños e veciñas do concello entre 25 e 55 anos, segundo nos informa a coordinadora do PAC de Xinzo.

Ata o pavillón desprazaranse 5 equipos para levar a cabo esta cantidade de probas PCR, que aínda que son voluntarias, como indica a coordinadora, será moi importante que acudan todos aqueles que están citados, pero solo os citados.

As probas comezarán ás nove da mañá e a previsión será rematalas as 14:00

2020111313330380300

PREPARACIÓN DAS INSTALACIÓNS

Para preparar as instalacións, esta mañá reuníronse no lugar a alcaldesa, membros do SERGAS e Policía Local e Protección Civil que colaborarán  no desenrrolo da xornada.

Unha vez rematadas as probas os responsables sanitarios, despois dos estudos, entenderán ou explicaranse que é o que está pasando no noso concello para que nestas últimas semanas os contaxios sexan moi altos.