lunes 25.05.2020

Pasado maña venres, magosto do Concello na Praza de Oriente

Castañas, chourizos pan e viño para todos os veciños e veciñas

CARTEL MAGOSTO XINZO DE LIMIA 2016
CARTEL MAGOSTO XINZO DE LIMIA 2016

A partir das 20:00 na Praza de Oriente a Concellería de Cultura do Concello de Xinzo celebrará un ano máis o magosto tradicional, este ano no propio dia de S.Martiño , ao que están invitados  os veciños e veciñas do concello.

MUSICA AMBIENTAL A CARGO DE MEMBROS DA ESCOLA DE GAITAS

A música polas rúas comezará a partires das 18 horas polas rúas do casco vello por conta da banda de gaitas B da escola do concello. Xa a partir das 20:00 serán membros da banda A, os que percorran as rúas e se centren mais na propia praza para amenizar a festa que durará ata que cheguen as viandas e o corpo aguante, esperando iso si, que o tempo tamén axude.

Comentarios