jueves 24/9/20

Os pataqueiros da Limia poden estar a ser vítimas dun boicot

As caixas de patacas levan máis de  10 días na plataforma loxística de MRW de Santiago

Os pataqueiros da Limia poden estar a ser vítimas dun boicot

Todo o que estaba a resultar positivo na venda de patacas por internet a través da plataforma de patatas AMA, sufriu esta semana un revés importante.

Os pedidos para Galicia dende o día 21/22 de abril, están almacenados na plataforma que a empresa encargada do transporte de mensaxería MRW. A compañía non está a facer entrega da mercancía. Centos de caixas de patacas están almacenadas nas súas naves e os clientes reclaman a mercancía aos pataqueiros.

Os compradores das patacas da zona do resto de España, non están a ter problemas cos envíos, e polos comentarios na propia páxina, todos están satisfeitos, polos prazos de entrega así como pola  calidade do produto.

REACCIÓN DOS PATAQUEIROS “Outro envio sen custe ou a devolución dos cartos”

A primeira medida tomada pola plataforma foi cambiar de empresa de transportes en Galicia, co cal os pedidos destes catro últimos días están chegando en tempo e forma.

A segunda medida posta en marcha na noite de onte sábado foi a de enviar correos a todos os clientes galegos, para indicarlles que nos próximos días recibiran o seu pedido enviado novamente  ou devolver o importe da compra integramente.

MRW non contesta e deu de baixa a plataforma de internet e os teléfonos

IMG_20200420_200704O responsable dos envíos Amador Díaz comentou a dendealimia que fai dous dias que os responsábeis de MRW, cortaron  as comunicacións de seguimento dos pedidos e non contestan as súas chamadas. Ante esta situación serán os avogados os que a partir deste momento levarán este caso, tendo en conta as perdas económicas que lles están a causar, e por suposto as de imaxe, que neste momento xa son superiores.

PATATAS AMA GARANTE A DEVOLUCIÓN DOS CARTOS OU O ENVÍO DUN NOVO PEDIDO

Patatas AMA, xunto cos produtores que estaban a utilizar  esta plataforma, pasaron a noite do sábado para poder saber segundo os datos da súa plataforma os correos de todos os pedidos para poñerse en comunicación con eles, primeiro para pedirlle desculpas polo acontecido, totalmente alleo a eles, posto que os pedidos saíron en tempo e forma, e segundo ofrecerlle as dúas alternativas anteriormente citadas. Os que se adhiran a de reenvío de pedido, cando poidan recuperar os paquetes dos primeiros, poden quedar co pedido igualmente.